STARTUP DAY DE ACELERACIÓN 2025
DOCE EMPRESAS PARTICIPAN NO PRIMEIRO STARTUP DAY DE ACELERACIÓN DA BF
SPORT, A ACELERADORA DO DEPORTE DE GALICIA
Oito das doce participantes son galegas e as outras catro proceden de Madrid, Cádiz e Braga
Santiago de Compostela, 30 de septiembre de 2025. Esta mañá, a Cidade da Cultura de Galicia
acolleu o Startup Day, a gran final da primeira convocatoria de aceleración na que 12 startups, de
entre 37 que se presentaron, competiron para optar a 6 prazas no programa de aceleración da
Business Factory Sport, a aceleradora do deporte de Galicia.
Ramrage, eDynamics, MyTrainingsPal, Artio, Xalut Sport, Ennutro, Sport-IA, Decatechnologies, Vizi,
Proteckthor, PluggableAI y 10mets foron as participantes, oito das cales son galegas, concretamente
dúas de Vigo, dúas da Coruña, e unha de Marín, Cangas, Ourense e Lalín; e outras catro de fóra de
Galicia, de Madrid, Cádiz e dúas de Braga.
Mañá daranse a coñecer as seis startups elixidas por parte do Comité Executivo da aceleradora para
realizar o programa de aceleración e poder desenvolver as súas solucións para abordar os diferentes
retos e desafíos planteados tanto pola industria do deporte como polas empresas tractoras da BF
Sport.
A nova aceleradora galega do deporte dará o pistoletazo de saída ao primeiro programa o vindeiro
lunes e extenderase ata finais de decembro e “non só busca madurar e acompañar ás startups
participantes, senón facilitarles que poidan traballar coas empresas tractoras e outras entidades
colaboradoras nun entorno real, de xeito que se convirtan nos primeiros clientes, en validadores e
aceleradores do seu proxecto de negocio”, en palabras da conselleira de Economía e Industria, María
Jesús Lorenzana, quen clausurou o acto.
A apertura correu a cargo do presidente do Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar,
Pedro Iglesias, e a directora xeral do IGAPE, Covadonga Toca. Ambos destacaron a importancia da
aceleradora como un “espazo de colaboración público-privada para que o deporte forme parte da
economía”. Ademais de eles, no acto, que tamén foi a presentación institucional da Business Factory
Sport, asistieron máis de 20 empresas tractoras que están impulsando o proxecto, entre as que se
atopan o RC Celta, Deportivo de la Coruña, Hijos de Rivera, Abanca, BeOne, Jim Sports o Máis Que
Auga.

