SEMANA DE INMERSIÓN EN INNOVACIÓN DEPORTIVA NO BOOTCAMP PARA AS STARTUPS DA BF SPORT
Catro días de ponencias e visitas de ecosistema para compartir aprendizaxes e conectar con expertos do sector
Vigo, 30 de octubre. Semana de inmersión en innovación deportiva para as seis startups do programa de aceleración da Business Factory Sport. Membros de 10mets, Artio, EDynamics, Ennutro, MyTraingsPal y Xalut Sport tiveron catro días de ponencias e visitas de ecosistema para compartir apredizaxes e conectar con expertos do sector nun formato bootcamp intensivo.
Neste sentido, o luns comezou cunha mirada estratéxica ao dato, oportunidades de colaboración e o eido financeiro da man de Manuel Framil de Amorín, de Torusware; Carlos Canto, de SPSG Consulting; e Gorka Garcia Lopez, de Deloitte.
Doutra banda, o martes centrouse en marketing, sponsorship, analítica de performance e legal con sesións de Alfonso Roberes de Cominges, de Arowana Sports; Álvaro Martínez San Segundo, de Senn Ferrero; e Ricardo Rauch, de Myocene. Esa mesma tarde, realizause unha visita á Cidade Deportiva Afouteza do RC Celta, onde Ismael Fernández, arquitecto del proyecto, contou o desenvolvemento técnico, presente e futuro do recinto, e Fernando Iturbe, manager de Desenvolvemento de Negocio do proyecto Celta360, explicou as diferentes verticais do negocio que albergará o espazo.
Seguindo a semana, o mércores tratou sobre innovación aplicada coa visita de Rosa Loureiro, de New Balance; Concepción González, de EA Sports; e José Beltrán, de Johan Cruyff Institute. O día concluíu cunha saída a Máis que Auga, xunto a Fran Cortegoso, o seu director xeral, para descubrir o seu modelo de xestión deportiva e innovación.
O último día do bootcamp pechouse cunha xornada internacional visitando alguns dos ecosistemas deportivos máis innovadores do norte de Portugal como o SC Braga onde André Viana presentou a estratexia de innovación e as novas instalacións do clube. As startups tamén asistiron ao Estadio do Dragão do FC Porto, onde Carlos Vaqueiro e Miguel Canedo explicaron como se organiza un Match Day dende dentro. Por último, visitaron Liga Portugal xunto a Rafael Almeida e Sónia Costa que amosaron as iniciativas de innovación tecnolóxica da súa liga.

