SEIS STARTUPS COMEZAN O PROGRAMA DE ACELERACIÓN DA BF SPORT
10mets, Artio, EDynamics, Ennutro, MyTraingsPal y Xalut Sport pasaron foron as empresas elixidas por parte do Comité Executivo da aceleradora
Vigo, 6 de octubre. As startups 10mets, Artio, EDynamics, Ennutro, MyTraingsPal y Xalut Sport comezan, esta semana, o primeiro programa de aceleración da BF Sport tras ser elixidas polo Comité Executivo da aceleradora entre as doce empresas finalistas.
10mets é unha solución híbrida dixital para o exercicio como recuperación e tratamento. Pola súa banda, Artio é unha empresa que se dedica á produción e distribución de bebidas isotónicas, enfocada en innovación e calidade. EDynamics traballa a tecnoloxía dixital para a análise da fatiga e a prevención do dano dende os datos dos pés. En canto a Ennutro, é unha plataforma galega que une nutrición, deporte e tecnoloxía para impulsar atletas cara á élite. MyTrainingsPal é tamén unha plataforma, pero neste caso intelixente para o adestramento e realiza unha xestión automatizada e personalizada da experiencia do usuario de extremo a extremo. Por último, Xalut Sport é unha extensión tecnolóxica para clubes fusionando saúde e rendemento nunha mesma plataforma.
Todas elas realizarán o programa de aceleración durante os vindeiros tres meses e poderán desenvolver as súas solucións para abordar os diferentes retos e desafíos planteados tanto pola industria do deporte como polas empresas tractoras da aceleradora do deporte de Galicia.

