ABERTA A PRIMEIRA CONVOCATORIA DE INCUBACIÓN DA ACELERADORA DO DEPORTE DE GALICIA
Dende este mércores 26 de novembro ata o martes 30 de decembro, a Business Factory Sport,
promovida pola Xunta de Galicia e o Clúster Galego da Industria do Deporte, busca proxectos
en fases iniciais vinculados á industria do deporte e o benestar
Vigo, 26 de novembro de 2025. A aceleradora do deporte de Galicia vén de abrir a primeira
convocatoria de incubación. Ata o martes 30 de decembro, todos aqueles proxectos da industria do
deporte de Galicia que estean en fase de definición da idea de produto ou servizo e queran
transformalo nun produto mínimo viable, poden inscribirse a través da web: www.bfsport.com.
De entre todas as empresas que se inscriban, seleccionaranse 12 para realizar o programa de
incubación que terá unha duración de dous meses nun formato híbrido, comenzando ao 26 de
xaneiro e rematando o 20 de marzo. O programa é totalmente gratuíto nun itinerario que ten como
obxectivo dar apoio a emprendedores nas primeiras etapas de desenvolvemento do seu proxecto coa
definición da idea de produto ou servizo, así como a construción do seu MVP.
Entre as diferentes actividades que desenvolverán, os participantes disporán de sesións individuais
estratéxicas semanais nas que se avanzará a definición da idea e a súa transformación nun concepto
empresarial viable; sesións de mentorías con expertos da industria do deporte; sesións de
ecosistema para coñecer experiencias doutros emprendedores; talleres formativos en formato
bootcamp intensivo con tres días presenciais; así como un demo day para presentar os proxectos,
realizar networking e clausurar o programa.
QUÉ É A BF SPORT
A Business Factory Sport é unha inicitiva da Xunta de Galicia, a través do IGAPE, e do Clúster
Galego da Industria do Deporte e do Benestar co propósito de axudar a emprendedores, startups e á
industria do deporte en xeral a transformarse, a través da innovación aberta. A iniciativa, que
comezou a mediados deste 2025, ofrece programas verticais de incubación, aceleración e
consolidación.
Consulta máis información e as bases da primeira convocatoria de incubación en: www.bfsport.gal.

